Luns. 14.10.2024
El tiempo

Inaugurado o novo Obradoiro de Emprego forestal en Santa Comba

Inaugurado o novo Obradoiro de Emprego forestal en Santa Comba
Presentacion do Obradoiro de Emprego en Santa Comba Presentacion do Obradoiro de Emprego en Santa Comba Esta pasada mañá de mércores 3 de xuño tivo lugar a Inauguración do Obradoiro de Emprego que solicitaron conxuntamente os Concellos de Santa Comba, A Baña, Negreira e Val do Dubra, e que formará a 16 xóvenes dos 4 concellos na especialidade de "Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes". É un dos 3 obradoiros nos que participará o activo concello xalleiro. Unha boa iniciativa destes concellos para dotar de ferramentas de empregabilidade ós alumnos , e para que melloren as súas competencias e acaden un certificado de profesionalidade que lles permitirá entrar no mundo laboral ou incluso emprender. O Director do Obradoiro Juan Pablo Paz León, loubou a sorte que é para o equipo docente e para os alumnos contar cunha xente motivada, e pediu ós alumnos que "colleran este tren que pasa, para aproveitar o obradoiro, collendo con cariño ó traballo". A anfitriona do acto, a Alcaldesa de Santa Comba Maria Pose Rodríguez reiterou o agradecemento á Xunta por aportar fondos para as iniciativas en materia de emprego que promove o ente municipal que dirixe, en especial os Obradoiros de emprego, do cales, ademais do inaugurado hoxe, terán lugar outros dous, froito da colaboración con outros concellos da contorna, e que suporán unha inversión autonómica de máis de 550.000 euros, que sumar os 154.262,40 euros deste "Xallas-Barcala-Dubra V". Presentacion do Obradoiro de Emprego en Santa Comna.jpg 2 Políticos, mestres e alumnos-traballadores durante a presentación do Obradoiro de Emprego en Santa Comba

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/santa-comba-participara-en-3-obradoiros-de-emprego-e-carballo-noutro/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-participara-en-3-obradoiros-de-emprego-e-carballo-noutro/

Comentarios