Venres. 29.03.2024
El tiempo

María Pose, a alcaldesa popular sen soldo, presentou a súa nova candidatura

María Pose, a alcaldesa popular sen soldo, presentou a súa nova candidatura

Maria Pose alcaldesa popular de Santa Comba Maria Pose alcaldesa popular de Santa Comba, na presentación dos candidatos do PP de Santiago Sur

É o PP o primeiro en ensinar as cartas de cara ás eleccións municipais de maio de 2019. Xa presentou, con varias novidades, os alcaldables do PX de Corcubión, ademais da renovación do partido en Coristanco.

Na pasada noite de venres, o PP provincial facía o propio en Milladoiro cos 13 candidatos da “comarca” Santiago Sur. Entre eles, a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, que se amosou tan ilusionada como o primeiro día que recolleu o bastón da man de Antonio Landeira aló polo 2014.

Pose, actual rexedora tras recuperar a alcaldía cunha moción de censura en 2016, quere recuperar o poder do PP nas municipais, argumentando que o seu grupo “conseguiu salvar un ano de ineptitude e parálise co goberno de Ucha Velo, para poñer funcionar toda a maquinaria municipal a base de traballo”. Por os exemplos dos POS, paralizados durante o primeiro ano de goberno socialista nesta lexislatura, cando “estaba todo parado, obras, asuntos sociais… como os POS, que cando chegamos estaban sen executar, e tivemos que facer os de 2015, 2016, 2017 e xa estamos desenvolvendo o do 2018”.

Pose sinalou que na presentación “houbo moi bo ambiente, e deixamos claro que queda moito que traballar e loitar, que as eleccións están aí diante, e que non temos nada asegurado”. Destacou que “moitas veces nos falta comunicación, porque Santa Comba é un concello moi grande, pero temos que demostrarlle aos veciños que estamos moi preto deles. A miña responsablidade é con todo o pueblo de Santa Comba, e mellorar a súa calidade de vida”.

O soldo de alcaldesa a emerxencia social

María Pose pasa por ser unha das alcaldesas máis comprometidas da zona. Nos seus 6 primeiros meses deste mandato dedicou o 50% do seu soldo aos Servizos Sociais municipais. Este 2018 a súa implicación é aínda maior, pois quitouse a dedicación exclusiva para partidas de Emerxencia Social.

”Agora non teño dedicación exclusiva, non teño soldo de alcaldesa, porque quero demostrarlle aos veciños que a miña implicación é total. A política municipal ten que ser así, e este ano considerei que as partidas do meu soldo facía máis falta para emerxencia social”.

Fusión con TEGA?

A realidade é que o grupo de goberno despois da moción, formado polos concelleiros do PP e de TEGA, está traballando moi a gusto. De feito, a alcaldesa xa ten invitado aos Chisco Ameijeras, Javier Facal, e Silvia Cancela, a formar parte da agrupación popular. “Estamos traballando xuntos, e nós estaremos encantados en recibilos pero a decisión é deles”, sinala Pose.

”A cousa vai polo bo camiño, pero aínda non se decidiu nada. Todo se saberá no seu tempo”, explica Ameijeiras. "Todo pasa por falar, con xenerosidade e moito diálogo, por un proxecto de futuro, pero a día de hoxe non hai nada pechado".

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/juan-carlos-garcia-foi-presentado-com/ https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/

Comentarios