Luns. 29.04.2024
El tiempo

O ex alcalde Miguel Pérez será o candidato do Partido Galego á alcaldía de Santa Comba

Miguel Perez Partido Galego Santa Comba
O ex alcalde Miguel Pérez será o candidato do Partido Galego á alcaldía de Santa Comba

Continúa a complicada carreira pola alcaldía de Santa Comba, que suma un novo ex alcalde (o segundo tras Ucha Velo como candidato de Espazo Común). Será Miguel Pérez, que xa fora alcalde entre 2008 e 2011, o candidato do Partido Galego de cara ás eleccións municipais do 28 de maio. 

Pérez volve á vida política para intentar frear o "continuo deterioro do Concello e o agudizado despoboamento" empurrado polo "seu sentimento de compromiso coa cidadanía e o seu desexo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas".

"No Partido Galego sentímonos afortunados de contar con Miguel Pérez como candidato, pois confiamos que a súa experiencia, liderado e compromiso o converten na mellor opción para guiar este Concello", explica a coordinadora Monste Almozara.

Comentarios