Luns. 07.10.2024
El tiempo

O Partido Galego presentará lista en Santa Comba

Presentacion partido galego santa comba
Así a presentación do Partido Galego en Santa Comba
O Partido Galego presentará lista en Santa Comba

Seguimos con novidades electorais, de cara aos comicios municipais do vindeiro 28 de maio. O pasado 28 de xaneiro, presentouse a Agrupación Local de Santa Comba do Partido Galego. Pendentes do que aconteza con David Barbeira, o ex socialista Jose Antonio Ucha xa anunciou a súa candidatura coas siglas Espazo Común, xunto con Cristina Fajín, Santiago Grille e Teresa Castro, polo que semella que estas eleccións xalleiras prevense diversas.

A última lista presentada é a de Partido Galego. Aínda sen lista oficial nin candidato, o Secretario da Agrupación Local é Anxo Ares, que conta no equipo con Monste Almozara, ex concelleira de Compromiso por Galicia que saíra do partido tralo pacto de investidura de David Barbeira co PSOE, despois de quedar fóra do pleno no reconto de votos do desconto.

partido galego santa comba

”Hai que levantar este Concello, e pensamos en cousas tan necesarias como unha Residencia de Maiores, como teñen todos os concellos da volta”, explica Ares.

Consideran prioritario traballar na rede de abastecemento, e incentivar o parque empresarial, pero tamén queren facer fincapé “no comportamento dos nosos políticos, que a nivel local está moi enrarecida. Non poden estar a cara de can nos plenos, que son insufribles e mesmo aproveitan para facer propaganda electoral”.

Ares, con todo, sinala que “non imos poñernos a criticar á alcaldesa, porque criticar por criticar non leva a nada, hai que propoñer posibles solucións”. E espera que “non digan pronto de nós iso de son coma todos”.

Máis Novas de Eleccións

Comentarios