Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A mocidade tecnolóxica de Santa Comba rematou o Xallas Lab presentando os seus innovadores proxectos

Xallas Lab en Santa Comba
A mocidade tecnolóxica de Santa Comba rematou o Xallas Lab presentando os seus innovadores proxectos

Aló por marzo arrincaban 17 [email protected] o Xallas [email protected]. Unha iniciativa para combater a fenda de xénero/dixital e mellorar as súas habilidades e creatividade tecnolóxicas na mocidade xalleira, artellada pola Ayuda en Acción, coa axuda económica do Banco Santader e o apoio do Concello de Santa Comba.

A clausura celebrada esta fin de semana serviu para que os participantes, de entre 12 e 19 anos, presentaran os seus innovadores proxectos, despois de experimentar con diferentes tecnoloxías como a impresión 3D, a robótica, a programación ou o deseño web e gráfico, entre outras, ao espertar o seu interese pola tecnoloxía.
Entre algunhas destas ideas, hai un sistema de vixilancia para persoas altamente dependentes, unha casa de autolimpieza ou a ampliación de servizos na praza do Mercado e no "Parchís”.

Xallas Lab en Santa COmb acon todos

“Estímase que nos próximos anos en España crearanse máis dun millón de empregos dixitais. Por este motivo, a adquisición de habilidades tecnolóxicas é, hoxe en día, esencial para a nosa mocidade non só a nivel laboral, senón tamén persoal. Proporcionar este tipo de oportunidades formativas no rural, onde normalmente non hai tanta oferta como nas cidades, é esencial para garantir a equidade educativa dos nosos mozos e romper a fenda dixital ”, destaca Beatriz Varela, delegada de Axuda en acción en Galicia.

Novas relacionadas

comentarios