Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A oficina Agraria de Santa Comba vive unha reforma integral

20211111_134358 SANTA COMBA
20211111_134358 SANTA COMBA
A oficina Agraria de Santa Comba vive unha reforma integral

A Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba está sufrindo unha actuación de mellora integral que conta cun orzamento próximo aos 50.000 euros, por parte da Xunta. Entre as actuacións que se levarán a cabo destacan obras de acondicionamento e pintura, renovación da iluminación e da carpintería interior e reconfiguración dos vestiarios e aseos para os veterinarios que desenvolven o seu traballo nesta oficina.

Ademais, estase executando o trasdosado interior para a mellora da eficiencia enerxética do edificio e o mellor confort térmico dos seus usuarios, a implementación de peches de ventás corredoiras, a reparación de persianas, a demolición dun tabique e actuacións necesarias para a creación dunha zona de atención administrativa.

20211111_140037 SANTA COMBA

Novas relacionadas

Comentarios