Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Tres restaurante xalleiros distinguidos polas Terras de Compostela

terras de compostela
A alcadesa María Pose durante a entrega de distincións SICTEC
Tres restaurante xalleiros distinguidos polas Terras de Compostela

A Asociación Terras de Compostela puso en marcha un plan de formación e cualificación dirixido a empresas e profesionais vinculados ao sector turístico. E foron 3 os restaurantes de Santa Comba que levaron as distincións como destino SICTED: o restaurante Talladas Gastrobar e Hotel Xallas, así como a renovación da mesma para a Casa do Ghabino.

Xornada formativa

Ademais, o Concello de Santa Comba acolle o martes 16 de novembro, de 08:00 a 22:00 horas, no campo da feira, a actividade desenvolvida pola Xunta de Galicia (GAIN-Axencia de Innovación de Galicia), e a empresa Silman 97, que é a encargada da realización da campaña "CAMIÑOS DE INNOVACIÓN”.

O obxetivo da campaña é a información e difusión das necesidades de adaptación das nosas empresas, a dixitalización, o uso da tecnoloxía e as necesidades de actualización no uso das ferramentas tecnolóxicas como valor engadido das nosas industrias.

Comentarios