Luns. 25.05.2020
El tiempo

Santa Comba abre unha necesaria Escola de Pais e Nais

Santa Comba abre unha necesaria Escola de Pais e Nais

As criaturas non chegan ao mundo cun manual de instrución baixo o brazo. De aí que calquera tipo de axuda sexa algo máis que benvido polas familias. Nesa liña, o Concello de Santa Comba abre unha Escola de Pais e Nais, de balde. Un espazo de encontro entre familias e profesionais para abordar as problemáticas e dúbidas que xorden, cada día, arredor da crianza.

Todos os xoves, de 10:30 a 12:30h, o Edificio Multisos acolle estas sesións. E xa podes inscribirse na Vivenda Comunitaria ou no 981 104 309.

comentarios