Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba celebra unha gran festa do deporte e do ocio

campamento piscina-Santa Comba
Santa Comba celebra unha gran festa do deporte e do ocio

O Concello de Santa Comba vai celebrar este domingo 18 de setembro, unha gran festa para dfespedir o verán, enfocado á rapazada que disfrutou dos campamentos. O Campo da feira, no centro da localidade, vaise encher de risotadas e de berros infantís e dunha marea de actividades.

Haberá monitores para practicar varias modalidades en equipo xa que se van desplegar unhas pistas miltideportivas  con canchas para xogar ó baloncesto 3x3 ou ó fútbol.
Haberá obradoiro de esgrima no que membros do clube Compostela Esgrima, e tamén unha serie de xogos de auga con dous tobogáns con piscina que é de supoñer que estarán moi solicitados ese día.

A maiores, no Campo da Feira vaise instalar un rocódromo con tirolina para quenes queiran desafiar a gravidade e tamén haberá un monolito para os que non teñan medo ás alturas.

Cómpre inscribirse na oficina municipal de Deportes ou o mesmo día no Campo da Feira

2 meses de campamento

Chega esta xornada despois de dous meses cargados de movemento nos campamentos tecnolóxicos municipais que se organizaron tanto para diversión dos rapaces como para conciliar a vida laboral e familiar. Foron días cargados de vida con unha ruta literaria, xogos na piscina, visita á fervenza de Castriz e ó aeroclub Cambre, participación na radio municipal, clases de educación vial ou de taekwondo e moito máis como a excursión á localidade pontevedresa do Grove con  paseo en catamarán e baño na praia.

Comentarios