Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Santa Comba desenvolve un especial curso de monitor de tempo libre

Curso de Monitor de Tempo LIbre en Santa COmba
Curso de Monitor de Tempo Libre en Santa Comba
Santa Comba desenvolve un especial curso de monitor de tempo libre

Desde o pasado 4 de agosto, un grupo de 25 moz@a de Santa Comba e de concellos da contorna realizan un Curso de Monitor de Actividades de Ocio e Tempo Libre especial. Especial por varias cuestións.

A primeira delas, pola situación derivada da pandemia de COVID-19, que obriga cumplir un estrito protocolo de prevención, o que se aumentan os espazos das actividades (moitas delas ó aire libre, aínda que no agosto xalleiro hai días que chove), control de temperatura no inicio de cada xornada, desinfección dos espazos e materiais empregados, obrigatoriedade da máscara e da hixiene de mans…

Pero especial tamén porque este verán en toda Galicia foron moi poucas as actividades formativas no ámbito da educación non formal que se poideron sacar adiante; e en Santa Comba é posible grazas á disponibilidade de espazos amplios (Auditorio do Multiusos, Recinto Feiral, espazos en plena natureza moi próximos...) e á aposta do propio Concello a través da Concellería de Cultura, Deporte Edicación, Formación e Xuventude para a mellorar da empregabilidade da mocidade de zonas rurales en diversos ámbitos e como complemento a outras accións formativas.

Esta aposta convirte a Santa Comba en referente comarcal neste tipo de formación para a xuventude nos últimos anos logo de que de se viñeran desenvolvendo con éxito varias edicións destas características.

No Curso, que ten lugar ata o 11 de setembro, os 25 participantes completarán 200 horas teórico-prácticas (en horario de luns a venres de 8:00h a 15:00h, e posteriormente terán que realizar 150 horas de prácticas para obter o título oficial, homologado pola Xunta de Galicia.

No Curso, ademáis de mozos e mozas de Santa Comba, tamén participan de Val do Dubra, A Baña, Negreira, Zas, Dumbría e Cee.

A dirección técnica do Curso corre a cargo de Recursos Galicia, prestixiosa Escola de Tempo Libre, que procurou adaptar ó máximo o curso ás necesidades preventivas da situación sanitaria actual.

Comentarios