Santa Comba facilita aos afectados a información pública do Parque Eólico de Lagoa II
10:16 03/08/21
Sempre criticamos a falta de transparencia por parte das administracións arredor dos proxectos eólicos. A realidade é que de non ser polas entidades medioambientais da comarca descoñeceríamos as consecuencias do novo impulso eólico. Pero neste caso, é o propio Concello de Santa Comba o que invita á veciñanza a sumerxirse no proxecto.
O Concello ofrece toda a información do proxecto e dá facilidades para presentar alegacións contra o Parque Eólico A Lagoa II, que se ubicará entre Santa Comba e Zas.
Os veciños poden acodir á 1ª planta da Casa do Concello, solicitar cita previa para visitar a Xunta no 981 18 49 83 ou descargar toda a información nestas ligazóns.
A Asociación Petón do Lobo ofrece un modelo de alegacións.