Venres. 26.04.2024
El tiempo

Santa Comba homenaxeará ao surfista Guillermo Carracedo

guillermo carracedo01
Guillermo celebrando o título
Santa Comba homenaxeará ao surfista Guillermo Carracedo

Acaba de quedar Campión de Europa de Paddle Surf nunha proba celebrada en Dinamarca. E xa ten as primeiras chamadas de felicitación. Foi a alcaldesa de Santa Comba, María Pose, unha das primeiras que o chamou, xa que Guillermo, malia ser tamén nado en Santiago e criado en Louro, seu pai é o prestixioso científico Ángel Carracedo, e a súa vinculación xalleira é continua. 

A humildade desta familia xalleira demostrouse na súas primeiras palabras despois de gañar o título europeo foron para decir: "Aún no me lo creo. Estoy en un limbo en el que aún no soy consciente del todo de que haya ganado. Mil gracias a todos por tanto apoyo, por hacerme sentir tan querido y motivarme pese a los obstáculos. Ha sido un campeonato muy duro pero nunca perdí la motivación ni la alegria".

Cando recibiu a chamada de María Poe, Guillermo Carracedo comunicoulle á rexedora a súa ledicia polo triunfo e a gran ilusión que lle facía que desde Santa Comba se acordasen de el nun momento tan especial.

Cando Guillermo Carracedo regrese a terras galegas intentará facer un oco na súa apretada axenda, xa que está centrado no campeonato mundial, que terá lugar no mes de outubro en Puerto Rico, para achegarse a Santa Comba, onde será obxecto dunha recepción oficial no Concello como mostra de agarimo a un mozo que sinte Santa Comba como a súa terra. 

Comentarios