Venres. 30.10.2020
El tiempo

Santa Comba lembra as viñetas de Atomé cunha exposición

Santa Comba lembra as viñetas de Atomé cunha exposición

Temos repasado a súa vida e ata temos visto xa algunhas das súas viñetas do Real "Glub" Deportivo, máis actuais que nunca, por certo.

Este mes de outubro Santa Comba bota unha mirada atrás e lembra a vida e obra de Antonio Tomé Taboada, médico do rural que coas súas caricaturas, en galego, representou a sociedade xalleira en centos de viñetas en El Ideal Gallego.

A mostra estará aberta dende este mesmo martes 6 de outubro no Edificio Multiusos e na Casa do Pozo, gracias á Asociación Ser, que realiza esta exposición co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta.

Novas relacionadas

comentarios