Santa Comba pon en marcha o Concurso Literario Pepe Xan Baña
- Xabier Díaz visitará o campo da Feira

As obras deben facerse na lámina que nestes días están a recibir os alumnos no seu centro educativo e hai que presentalas antes do día 25 de maio na casa de cultura.
O Concello vai entregar dous premios por categoría. Os gañadores levarán un lote de libros máis un bono por valor de 50 euros para realizar compras de material escolar nalgunha das librerías do municipio, e os segundos clasificados en cada categoría gañarán un lote de libros.
A entrega de premios terá lugar o próximo 2 de xunio, a partir das 12.30 horas, nun acto que se organizará no CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña.
Concerto
Ademais, o concello invítano a estar "muuuuuuuiatentxs" porque o vindeiro 5 de xuño visita Santa Comba Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, un proxecto que encara 2022 con máis forza que nunca, con 10 músicos enriba dun escenario na procura de emocionar a un público no que sempre atopan complicidade.