Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha Ruta Literaria canda Pepe de Xan Baña

Ruta Literaria Santa Comba Pepe Xan Bana
Unha Ruta Literaria canda Pepe de Xan Baña

Este ano as Letras Galegas de Santa Comba, ademais de en Florencio Delgado Gurriarán, poñen o foco en Pepe de Xan Baña. Son varias as actividades no marco do programa, como un acto nun centro de ensino, un concurso escolar de debuxo ou unha serie de visitas teatralizadas.

Se cadra, a actividade principal vai ser a Ruta Literaria polos lugares que inspiraron ao escritor xalleiro. A ruta circular de 12 km é o domingo 22 de maio, con saída ás 9:00h da capela de San Bartolomeu.

Xa te podes inscribir neste formulario online.

Novas relacionadas

 

Máis actividades arredor das Letras Galegas

Comentarios