Martes. 16.04.2024
El tiempo

Santa Comba ponse de Ruta de Tapas e de Cea Benéfica polo autismo

Santa Comba ponse de Ruta de Tapas e de Cea Benéfica polo autismo

Ruta de Tapas de SAnta Comba 2019Semanas de actividade para a familia dos Empresarios de Santa Comba. Este venres 17 de maio arrinca a 10ª edición da Ruta de Tapas, na que 9 locais darán a tódolos clientes que estén facendo o roteiro das tapas xunto aos seus pasaportes as súas mellores tapas.

Os establecimentos participantes son A Calenda, Café Bar A Nosa Vila, A Landra, Cafetería Rafael, Cafetería Talladas, Cervecería D’Mara, Cervecería Triskel, Hotel Xallas e Restaurante Tío Paco.

Unha Ruta que durará ata o 26 de maio en Santa Comba con moitos tesouros a degustar como o “tartar”, “carrillera de vaca estofada”, “tosta de ventresca”, “polbo con ameixas e arroz”, “orella ó pimentón”, “o noso cocido”, “pulled de porco”, “timbal de salpicón” e “bocado de polbo á galega con queixo san simón”.

Os premios ás mellores tapas daranse a coñecer ao finalizar a Asemblea Xeral da entidade o xoves 30 de maio e procederase ao sorteo dos premios aos mellores tapeadores.

Cea benéfica co autismo

Así mesmo o sábado 1 de xuño ás 22:00 h. terá lugar no Restaurante Leandro de Santa Comba unha Cea Benéfica a favor da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida polo prestixioso científico xalleiro Angel Carracedo Álvarez, que fará unha conferencia a partir das 20:30h.
Para asistir a dita charla hai que poñerse en contacto con nós e inscribirse no teléfono 981818604 en horario de 10 a 14 h. de luns a venres, a través de whatsapp 633181817ou ben por mail a [email protected].

O prezo da cea benéfica é de 30 euros e estarán a venda os tickets a partir deste mércores 15 de maio nas nosas oficinas da Rúa Pontevedra nº 9 en Santa Comba, en Foto Teca e PSI Terapia e Formación. Senón podes asistir á cea tamén podes colaborar coa causa. O prazo para retirar os tickets e máis para inscribirse á charla é o 27 de maio.

Cea Benefica co Autismo de SAnta COmba

Comentarios