Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Santa Comba vai regalar 10.000 filloas recén feitas este domingo

maquina filloas lestedo
A máquina filloas de Lestedo chega este domingo a Santa Comba
Santa Comba vai regalar 10.000 filloas recén feitas este domingo

Está todo preparado en Santa Comba para celebrar o Entroido por todo o alto. O Concello organizou para o domingo, 27 de febreiro, unha festa familiar na que non faltarán nin a música, nin os disfraces, nin un dos postres máis típicos destas datas: as filloas.

A máquina creada por Orlando Vázquez para a Festa da Filloa de Lestedo trasládase ó recinto feiral de Santa Comba para funcionar a partir da unha tarde e durante sete horas continuadas. Tendo en conta que elabora preto de 1.500 filloas por hora, tanto os xalleiros como aqueles que decidan achegarse poderán degustar un total de 10.000 filloas de xeito gratuito. E ademáis recén saídas do filloeiro.

Nun domingo no que o cocido estará presente na maioría das casas, está previsto que o baile amenizado por un conxunto inicie os seus primeiros compases ás tres e media da tarde para poder baixar así as calorías.

Será ás 17:00h da tarde cando se inicie o concurso de disfraces no que se repartirán vales de compra en establecementos locais por valor de 1.500 euros en premios. Ó longo do día os rapaces poderán desfrutar de inchables e animación infantil.

Comentarios