Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Ucha Velo "Lucha" por Santa Comba

Cartel de Ucha Velo nun tractor
Ucha Velo "Lucha" por Santa Comba

”LUCHA por ti” é o lema de campaña de Espazo Común de Santa Comba, facendo un guiño ao nome do candidato Ucha Velo. O ex edil socialista, expulsado do PSOE por apoiar a moción de censura que colocou á popular María Pose na alcaldía co fin de arrabatarlle o poder a David Barbeira, lidera agora un grupo renovado con estas novas siglas co obxectivo de gobernar o Concello.

Faino en clave de rural, como se pode ver nalgúns tractores da vila, deixando claro que “non veño a vender nada, odio prometer o que non vou cumprir”.

No seu programa inclúe propostas como a creación dun albergue para peregrinos, a creación de infraestruturas deportivas, recuperar a aposta municipal polo motor; mellorar as vías de comunicación, a posta en marcha dunha residencia municipal pública, incrementar o índice de edificabilidade en solo rústico, ou dotar dun servizo de abastecemento de augas.

LIsta de UCHA VELO Santa comba

Comentarios