Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Xulgado ratifica a corentena imposta polo Sergas a unha veciña xalleira

Casa do Concello de Santa Comba
O Xulgado ratifica a corentena imposta polo Sergas a unha veciña xalleira

Unha veciña de Santa Comba que tivo contacto estreito con familiares diagnosticados de coronavirus, saltábase, segundo a Policía Local, a corentena imposta pola Conselleria de Sanidade O caso chegaba, pola vía da urxencia ao Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Santiago de Compostela, que ratificou a medida adoptada onte, 30 de setembro.

As forzas de seguridade aseguraron que a muller non ficou na súa vivenda o pasado 29 de setembro, e o Xulgado basea a súa decisión “nun informe razoado e fundamentado da médico de familia do Servizo de Atención Primaria de Santa Comba”.

O titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 de Santiago de Compostela indica no auto que a medida “persegue un fin constitucionalmente lexítimo”, pois está dirixida a defender “a saúde pública, a integridade física e a saúde da poboación en xeral”. Ademais, destaca que a súa adopción se atopa “amparada pola normativa” e entende que é “proporcionada”.

Comentarios