150 anos de guerra en imaxes
07:05 10/11/15
Dende mañá ata o 19 de novembro, a sala de exposicións da casa da Cultura de Vimianzo acolle a exposición fotográfica "La humanidad en la guerra" do Comité Internacional da Cruz Vermella. A mostra, composta por 50 fotografías, repasa os conflictos dos últimos 150 anos; dende a Guerra da Secesión (1861) ata a actualidade ademais das imaxes cedidas polo fotoxornalista Ricardo García Vilanova, que durante cinco anos cubriu o conflicto sirio.
O horario de visitas da mostra é de luns a venres, de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas, e o sábado de 10 a 13 horas. Ademais, o vindeiro domingo 15 de novembro, o equipo da Cruz Vermella ofrece unha conferencia sobre o dereito ao asilo e a actual crise de refuxiados. A continuación, o Colectivo Suria, formado por Nadia Hariri e Lía Pichel, protagonizará una performance sobre como os conflictos armados afectan á infancia.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Cruz Vermella