Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1,6 millóns de euros para facer unha senda peonil entre Caxadas e Baíñas

Imaxe dunha visita á zona
Imaxe dunha visita á zona
1,6 millóns de euros para facer unha senda peonil entre Caxadas e Baíñas

O Concello de Vimianzo contará cunha senda peonil e un mellor trazado na estrada que vai de Caxadas a Baíñas grazas ao investimento de 1,6 millóns por parte da Deputación da Coruña, que aprobou o proxecto hoxe en sesión plenaria.

Dende Adiante Vimianzo aplauden que a Deputación cumpra o acordado hai máis de dous anos e aprobe o financiamento do proxecto da senda da estrada que une Caxadas con Baíñas.

Este permitirá habilitar un espazo de case dous quilómetros de lonxitude no que os peóns contarán con beirarrúas durante toda a vía. Ademais, eliminaranse as curvas perigosas á altura de Padreiro de Abaixo. A través desta medida preténdese que o radio mínimo sexa de 250 metros, cunha sección de plataforma de sete a nove metros pavimentado con mestura bituminosa en quente.

A vía discorrerá desde o punto quilométrico 0+000 ata o 1+940. A plataforma incluirá ademais unha nova estrutura ao paso do río Castro, onde a existente carece de capacidade para desaugar. 

O proxecto conta cun orzamento de 1.615.469 euros, a través do cal a entidade provincial pretende continuar acondicionando estradas para garantir “unhas comunicacións segyras para as persoas que transcorran por elas”.

Comentarios