25N: Os Microrrelatos loitan contra a violencia de xénero
20:44 25/11/20
Ademais do minuto de silencio que gardaron o goberno local e o corpo de traballadoras e traballadores municipais a carón dos bancos pintados para a ocasión no paseo fluvial, na rúa Solín, Vimianco celebraba este 25N cun Concurso de Microrrelatos.
O xurado escolleu o Estefanía Martínez, coa obra Vidas perdidas, convértese na primeira gañadora do Concurso de Microrrelatos contra a violencia de xénero promovido polo Concello de Vimianzo.
Carmen Trillo, con Reminiscencias, acadou o segundo premio e Lorena Cernadas, con Amencer, fíxose co terceiro posto.
Os microrrelatos de María Dolores Araujo, de María Lestón Oliveira, de Samuel Blanco e o de Alba Sánchez tamén foron seleccionadas para a súa publicación.