Novidades xudiciais sobre o expediente ao arquitecto municipal de Vimianzo
Informa hoxe a Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) que a xustiza dá a razón, de xeito defintivo, ao arquitecto municipal do Concello de Vimianzo, Julio Vázquez. E o fai tras coñecer a sentenza da sección 001 da sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) revocando e anulando o expediente aberto polo Concello ao funcionario vimiancés.
O Concello sancionara o pasado xullo de 2014 ao recurrente con dúas sancións de suspensión de funcións (emprego e soldo) de 3 anos e de 1 ano, por unha suposta infracción grave de incumprimento das normas sobre incompatibilidades. Unha sentencia defitiniva pois non cabe recurso ordinario algún.
O sindicato valora de “disparatada” a política municipal do alcalde Manuel Antelo, que entende que realizou adevandita sanción porque “o arquitecto non era do agrado do goberno municipal”.
O Concello non entende a sentenza como unha anulación
Pola súa banda, o Alcalde de Vimianzo considera que a sentenza do TSXG “refírese a unha cuestión de procedemento e non de fondo, de feito enumera os feitos polos que se lle abriu expediente e conclúe en que hai que inicialo de novo, mais en ningún momento esa sentenza do Tribunal vén rebetir os feitos”.
O alcalde vimiancés inclúe esta denuncia no marco da “loita do goberno municipal de Vimianzo contra a corrución”, e asegura que “se leva a cabo dentro da máis estricta legalidade”. E valora que o “expediente disciplinario estivo sometido a múltiples presións especialmente dos responsables políticos herdeiros dos gobernos municipais que permitiron e deron acubillo a prácticas corruptas”, e pon como exemplos a fallida moción de censura.
Considera que “os sindicatos están para defender os traballadores, pero tamén para defender a legalidade e contribuír a combater calquera atisbo de ilegalidade”. Por iso, “o goberno municipal de Vimianzo lamenta que, dende a corporación municipal, haxa grupos políticos e sindicatos que en vez de sumarse á loita contra a corrupción promovan políticas de ocultar e tapar feitos tan graves como os que se recollen neste caso. E remata cunha acusación directa ao sindicato: “É significativo que quen representa ese sindicato na súa confrontación co goberno municipal de Vimianzo sexa un político vinculado co Partido Popular do Concello de Aranga”.
Novas relacionadas
- 23-03-15: Vimianzo precisa máis de 65.000 euros para subsanar os defectos de construción da Casa da Cultura.
- O Goberno vimiancés anula a licencia dunha nave da empresa do irmán do ex alcalde.
- A historia dos pleitos da Casa da Cultura.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).