5 días de vértigo no Entroido de Vimianzo


O Entroido tamén toma Vimianzo. Ademais, as citas que artella o concello compaxínanse coa da Asociación O Castelo.
Comezando pola programación municipal, as citas comezarán o sábado 5 de marzo coa Festa Infantil no polidepotivo a partir das 17:00h. E se esta festa é para os máis pequenos, os maiores terán o baile o domingo ás 19:00h no centro social, onde haberá concurso de disfraces.
Para o martes 8, haberá o concurso de disfraces, e o pasarrúas sairá ás 16:30h na praza do concello para rematar no pavillón cun grupo musical.
Hai 850€ para os concursos en premios e hai que inscribirse antes do 4 de marzo nas oficinas da Casa da Cultura.
Entroido do Castelo
Se de Entroidos falamos, non podemos esquecer o da Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo, que organiza unha cea de entroido o venres 4 de marzo. Cea na que non faltará lacón con grelos, orellas e filloas nin a animación da que se encargarán as Pandereteiras da asociación.
Pero tamén o luns 7 de marzo organizan unha Festa de Entroido a partir das 18:00 h. no Centro Cultural de Carnés amenizada por Imben Discomóvil. Haberá larpeiradas para os nenos e nenas que asistan disfrazados.
Novas relacionadas
- A Asociación Neira-Marcos de Salto prepara a homenaxe a Teresa Mouzo.
- 5 meses de Teatro no Auditorio de Vimianzo.
Fonte
- Notas de prensa do Concello de VImianzo e da Asoc. O Castelo.