Martes. 10.09.2024
El tiempo

8 meses de activación deportiva e cultural en Vimianzo

8 meses de activación deportiva e cultural en Vimianzo
Programacion Cultural Vimianzo 14-15

O Concello de Vimianzo presentou a programación cultural e deportiva 2014-2015. Un programa que chega baixo o eslogan de “Actívate”, e que cobre un amplo abano de actividades que achega a cultura e a actividade física a todas as parroquias do municipio.

As actividades están programadas para cubrir todos os rangos de idade, dende os 3 anos até a terceira idade, cun total de 12 escolas deportivas e 13 culturais.

A programación comenzará a rodar o día 6 de outubro e manterase até finais do mes de maio.

As persoas interesadas poderán inscribirse na Biblioteca Pública Municipal, na Casa da Cultura dende o vindeiro luns día 9 até o venres 26 de setembro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios