Luns. 06.05.2024
El tiempo

Escritores locais protagonizan o día do libro de Vimianzo

Mirian Gandara Blanco-Foto-Dolores Blanco
Mirian Gándara Blanco será unha das protagonistas-Foto-Dolores Blanco
Escritores locais protagonizan o día do libro de Vimianzo

Vimianzo celebra Día Internacional do Libro  (23 de abril), e faino con diversas actividades con autores locais como protagonistas.

O sábado 22, Xosé Gándara Arxomil presentará na Casa da Cultura de Vimianzo a súa obra Cemiterios egrexios e tumbas de poetas, un libro no que poder saber máis sobre cemiterios moi antigos e recentes, situados en núcleos rurais ou urbanos e mesmo aqueles que xa non existen. O evento será as 19:00 horas.
Trátase dunha edición moi coidada, con imaxes de Rosa Pumar Fernández, que forma parte das accións do plan de reactivación turística e cultural da Xunta de Galicia.

O domingo 23 será a quenda da vimiancesa Mirian Gándara Blanco, quen presentará no mesmo espazo, pero ás 17:30 horas, a súa novela Las cinco reglas del amor.Gándara Blanco xa conta con 17 obras publicadas no portal dixital Amazon, todas elas de temática romántica.

O domingo rematará cunha programación infantil a cargo de Polo Correo do Vento, quen chegarán ao Auditorio Municipal de Vimianzo ás 19:00 horas con Periplo Atlántico, unha homenaxe a Castelao, una iniciativa na que se mesturan contos, debuxos e música. A actividade é de balde.

VIMIANZO_Cartel Día do Libro 2023

Comentarios