Luns. 10.08.2020
El tiempo

A CMAT inaugurou as mesas de traballo que buscan o consenso de entidades públicas e privadas para o Plan Turístico da CdM

A CMAT inaugurou as mesas de traballo que buscan o consenso de entidades públicas e privadas para o Plan Turístico da CdM
Mesa Traballo da CMAT en Vimianzo Mesa Traballo da CMAT en Vimianzo

Arrincaron esta mañá de martes 8 de maio as mesas de traballo convocadas pola CMAT para configurar o Plan de Turismo comarcal. Serán 3 xornadas de xuntanzas, que supoñen un interesante xeito de involucrar aos axentes implicados, aos profesionais do sector, na planificación do noso motor económico máis potente.

Unhas sesións que deben servir para unificar criterios por parte dos representantes de entes públicos, privados e supramunicipais, do xeodestino, para o desenvolvemento dun plan común que poña en alza todos os valores positivos do entorno constituído polos 17 concellos.

A Casa da Cultura de Vimianzo acollía a primeira mesa sectorial na que participaron 9 representates de entidades públicas e 8 de entes privados pertencentes a os concellos de Muxía, Camariñas, Zas e Vimianzo. Tamén quixeron estar presentes coma entes supramunicipais o GDR e o GALP “Costa da Morte”.

Os alí presentes desenvolveron 4 dinámicas de grupo que servirán para clarificar ideas de cara á elaboración dun Plan de Acción Turística para o xeodestino “Costa da Morte”.

Vindeiros encontros

Os próximos encontros propostos pola CMAT terán lugar o vindeiro día 15 de maio en Cee e o 28 do mesmo mes en Carballo, en horario de 11:00 a 13:30h.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios