Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte continúa a súa exhibición en Xantar

A Costa da Morte continúa a súa exhibición en Xantar
xantar-ourense-2018 Os concellos da comarca expoñen no expositor da Deputación da Coruña información sobre os seus recursos turísticos Hoxe será o día grande de Vimianzo dentro do Salón Gastronómico Internacional "Xantar" que se celebra estes días na cidade de Ourense. O mediático historiador e crítico gastronómico Jorge Guitián dirixirá unha demostración en vivo na que baixo o título "Pinchos Irmandiños" falará historia medieval de Vimianzo lembrada recurrentemente no seu Asalto ao Castelo e inspiración de produtos culinarios propios, dentro do coñecido proxecto Do mar á Terra. Xa o sábado, ás 16 horas, será o turno do concello de Zas que presumirá ante os asistentes das súas filloas da pedra. Unha comitiva integrada por membros do concello e da asociación de veciños Barolo demostrarán como se elaboran as filloas e farán unha degustación na que se misturará a tradición coa vangarda. Baixo o paraguas da Deputación da Coruña Adamais das demostracións e degustacións en directo, os concellos da Costa da Morte (xunto cos do resto da provincia) exihiben estes días unha boa parte dos seus recursos turísticos máis atractivos no expositor da Deputación da Coruña a través de distinto material informativo. Xa na xornada do sábado, e co gallo da celebración do Día da Provincia da Coruña, o responsable da área de turismo, Xosé Regueira, intervirá ás 12:30 horas no acto de presentación institucional desta efeméride, para, de seguido, presenciar dous novos showcooking, nos que o concello de Zas, coa elaboración das súas filloas, e o concello de Mugardos, co Polbo á Mugardesa prepararán ao vivo dous dos pratos máis representativos da provincia. O deputado de Turismo, Xosé Regueira, destacou que “a variedade e a calidade dos produtos e a elaboración dos nosos concellos son dous ingredientes fundamentais dentro da oferta turística da Coruña”, ao tempo que destaca que Xantar “representa un extraordinario escaparate para promover as propostas gastronómicas dos nosos concellos”. A participación en Xantar 2018 é unha nova oportunidade para proxectar a boa cociña e os productos de calidade ante máis de 100 medios de comunicación e representantes de distintas nacionalidades que procuran na gastronomía un pretexto nas súas escapadas turísticas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios