A Cruz Vermella organiza en Vimianzo un curso de primeiros auxilios en bebés e nenos
08:05 10/05/16
O vindeiro 21 de maio terá lugar en Vimianzo un curso de "primeiros auxilios e bebés e nenos" de dez horas presenciais de duración e que está dirixido a todas as persoas interesadas no tema.
Terá lugar na Asamblea da Cruz Vermella de Vimianzo en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 21 horas. Os interesados poden obter máis información e matricularse no edificio da Cruz Vermella de Vimianzo situado na rúa A Torre, número 4 ou no 981 717 136. O prezo do curso é de 55 horas e o prazo de inscrición remata o venres 13 de maio.
Novas relacionadas
- A Cruz Vermella de Vimianzo fomenta a sensibilización nos centros educativos
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- Os maiores de Geriatros, os Apalpadores de Vimianzo
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Cruz Vermella Vimianzo