luns. 19.05.2025
El tiempo

A deseñadora de Berdoias Noelia Pose Antelo inaugura exposición na Sala Antón Mouzo

A deseñadora de Berdoias Noelia Pose Antelo inaugura exposición na Sala Antón Mouzo
A desenadora de moda Berdoias Noelia Pose Antelo Exposicion Noelia Pose Antelo en Vimianzo

Este venres 23 de xaneiro, inaugúrase unha nova exposición na Casa da Cultura de Vimianzo, abrindo este espazo a unha nova expresión artística que é menos común ver nas salas. Se ata o momento as mostras que acolleu a nosa sala foron de pintura, escultura e fotografía, a exposición de Noelia Pose Antelo vainos amosar que a moda tamén é arte. Sky Frame foi o nome do proxecto co que Noelia, deseñadora de moda de Berdoias, resultou gañadora do certame de novos deseñadores “Torre de Hércules”. Un espectacular traballo creativo, digno das máis prestixiosas pasarelas de moda, inspirado nas formas arquitectónicas do século XX, creando a través das texturas e dos volumes. A partir do venres todos poderemos coñecer o traballo realizado por esta veciña de Berdoias, que ben seguro non deixará indiferente a ninguén.

O acto da inauguración da exposición será o venres día 23 ás 20 horas e a exposición poderá visitarse ata o 6 de marzo.

A Sala de Exposicións Antón Mouzo segue a cumprir o lema que a acompaña, “Orgullosos do noso”; amosándonos que Vimianzo e a Costa da Morte é terra de artistas.

Máis novas de Vimianzo

Comentarios