Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Gran Orde Gastronómica renova a súa directiva

A Gran Orde Gastronómica renova a súa directiva
gran-orde-gastronomica-costa-da-morte A nova directiva, encabezada por Manuel Antelo, xa traballa en catro novos proxectos Con Manuel Antelo Pazos á cabeza, a Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte renovou na xuntanza do pasado luns a directiva. Acompañarano Rosa Sánchez Martínez (vicepresidenta); Julián Prieto Valdés (secretario); Pepe Blanco Alborés (tesoureiro) e Pablo Aller, Pepe Formoso e Manuel Mouzo (vogais). José M. Pato foi elixido presidente de honra. O novo equipo de traballo ten xa en mente catro novos proxectos, todos baixo a filosofía de manter un estreito compromiso cos productores, cos elaboradores e tamén coa saúde. Cesta dos sabores da Costa da Morte, Saberes da Costa da Morte, Mercados da Costa da Morte e Fogóns da Costa da Morte son os nomes dos traballos que quedaron sobre a mesa durante a cea que mantiveron o pasado luns no restaurante Pastoriza de Vimianzo na que degustaron productos da zona.

Novas relacionadas

Máis novas gastronómicas

Fonte

Comentarios