A micoloxía e produción ecolóxica toman Vimianzo

As vindeiras fins de semana a produción ecolóxica e a micoloxía serán as protagonistas en Vimianzo. Este venres 11 de outubro toca unha Xornada informativa sobre Producións Ecolóxicas e Recuperacións de variedades tradicionais. E para a fin de semana do 19 e 20 de outubro, tocan as III Xornadas Micolóxicas.
Xornadas de Produción Ecolóxica

Este venres, 11 de outubro de 2013, a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá unha Xornada de Difusión “Producións Ecolóxicas e Recuperación de variedades Tradicionais”. A xornada comezará ás 9:45h e rematará ás 13:20h, na que se poderá coñecer os resultados do programa “Novos Horizontes”, ademais de varios acordos de cooperación entre produtores locais e o GDR Costa da Morte, para rematar con unha interesante mesa redonda sobre “Recuperación de variedades tradicionais”, na que participarán Encarna Otero, membro de Slow Food Galicia; José Luis Carrera Valín, Propietario de Arqueixal e Vicepresidente do GDR 7 Miño-Ulla; Anxo Rey Martínez, Concelleiro de Desenvolvemento Local, Transporte, Turismo, Emprego e Deportes do Concello de Teo; e María Teresa Ferreiro Lavandeira, Presidenta da Asociación Neira Marcos.
Por motivos de organización, prégase confirmen a súa asistencia antes do mércores, 9 de outubro, ben por correo electrónico nas seguintes direccións gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com, msfacal@gdrcostadamorte.com ou no teléfono 981717358.
III Xornadas Micolóxicas Vimianzo

Xa están aquí as xornadas nas que os cogumelos son protagonistasna na capital de Soneira. O sábado 19 de outubro toca saída ás 9:00h ó campo co especialista Manuel Pose Carracedo. Para o domingo, amenceremos con saída tamén ás 9:00h guiada polo propio Carracedo, para degustar os cogomelos recollidos na Casa Sabina.
Así, o luns 21, os que sobren, ou non se poidan comer, serán os protagonistas dunah Exposición Micolóxica na casa da Cultura de Vimianzo.
A inscrición custa 25€, e xa poden realizala chamando ao 615 883 848 ou enviando un correo a ramonvimianzo@gmail.com.
Novas relacionadas
- Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- Xornadas Micolóxicas 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Novas micolóxicas
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de “Cogomelos de Galicia”.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).