Luns. 09.09.2024
El tiempo

A piscina que non será

A piscina que non será
Acto de presnetacion dos proxectos da piscina de Vimianzo Curioso o acto que se vivía esta fin de semana no Concello de Vimianzo. Presentábanse os premiados no Concurso de ideas para execución dunha piscina municipal cuberta. Unha piscina Cuberta que seguramente nunca existirá. I é que este era un proxecto proposto polo PP para pactar co PSdG de Alejandro Rodríguez aló polo 2009, e a día de hoxe, dado a imposibilidade de saltarse o teito de gasto municipal, saía máis caro paralizar o proxecto que darlle saída ao concurso de ideas e ver que acontece.

Os proxectos escollidos

O xurado, que estivo conformado polos arquitectos J. Luís Méndez Pérez, Fernando Agrasar Quiroga, Alberto Noguerol del Río e Alfredo Díaz Grande. Os membros do xurado sinalan que os proxectos gañadores cumpren axeitadamente os valores estéticos, se adecuan ao programa proposto, ás relacións co entorno e coas edificacións existentes ademáis amosan unha razoable calidade técnica, de disposición. O gañador do primeiro premio foi o arquitecto Alberto Montesinos Suárez de la Vega, máster en arquitectura pola Harvard Graduate School of Design, que traballou durante algúns anos no estudo do arquitecto Rafael Moneo e que actualmente está a traballar en Nova Iorque. O segundo premio foi para Elizabeth Abalo Díaz, do estudo compostelán Abalo Alonso arquitectos e o terceiro premio recaeu en Carlos Meri Cucart, profesor titular da Universidade de Arquitectura de Valencia. Ademáis dos tres premios o xurado concedeu tres mencións honoríficas aos proxectos presentados por Redondo, Valladares y Rodríguez Arquitectos, Sofía Quiroga Fernández e Alfonso García Santabárbara e Paula Jaén Caparrós.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios