A política segue o seu rumbo en Vimianzo con novas candidaturas e novidades na Casa da Cultura

Moitas novidades estas novidades na crónica política vimiancesa. I é que de aquí ás municipais as idas e vidas da corporación soneirá van dar moito que falar. O pasado venres eran dúas as candidaturas que se presentaban oficialmente. Pero ademais a Casa da Cultura volve á primeira liña de actualidade tralas reaccións ante a sentenza que obriga ao Concello a pagar os 800.000€ de sobrecuste á empresa do irmán do alcalde.
Novas candidaturas: IxVimianzo
Independientes por Vimianzo é o novo partido que dirixe o actual alcalde Alejandro Rodríguez. Tras ser expulsado do PSOE despois das eleccións autonómicas, o rexedor xa avisara que non marcharía da política, e o pasado venres presentou xa a lista de 26 persoas que formarán con el a alternativa independiente.
Polo de pronto, e ata o 19, non se saberá a orde na lista dos candidatos. De feito aínda non se sabe se o propio Alejandro irá de número 1. A quen si atopamos a bordo do barco de Alejandro é a Manuel Soto, máis coñecido como Padronés no mundo do fútbol da Costa.
Parece que as posibles combinacións para gobernar en coalición determirán a lista. Polo de pronto de pactos non se pode falar porque uns tiros apuntan cara un lado e outros tiros cara o outro. Iso si, do PSOE xa ten apuntado que o novo candidato foi "posto" por el mesmo.
Propostas como levar a internet a todas as casas do Concello de Vimianzo, ou o a creación da piscina cuberta formarán parte do seu programa.
O PSOE presentou a súa lista
Jose Antonio Miñones, actual teniente de alcalde, toma o relevo de Alejandro e lidera a nova candidatura do PSOE vimiancés. O pasado venres presentaba tamén aos 6 primeiros candidatos da lista, zanxando así a polémica que leva xerando o PSOE vimiancés nos últimos meses coa candidatura pantasma de Marcial Mouzo.
O número 2 será Jose Manuel Blanco, Roque. Monserrat Vázquez Miñones será a número 3; a veciña de Carnés Dolores Martínez Lema como número 4, ademais de María Teresa Oanes Méndez e Darío Andrade Lavandeira. Nieves Lema non aparece nas listas e a presencia de Dolores Martínez como veciña de Carnés fai entender que Lema non será incluída.
O partido afronta as municipais cun claro obxectivo: "Desvincularse totalmente do anterior alcalde, e do novo partido IxV". Pero como nos conta Roque, "a xente demanda e quere que siga gobernando o PSOE, pero dende unha perspectiva socialista de verdade".
Casa da Cultura
A xustiza vén de dar a razón á empresa do irmán do alcalde, Rodríguez Lema S.L. no asunto do sobrecuste da Casa da Cultura. O Concello deberá pagar os sobre custo de 739.448,80€ de débeda á empresa por unhas obras que non solicitou o concello pero das que eran conscientes.
PP e BNG, en contra da opinión do goberno municipal, recurriran hai pouco tempo pero a xustiza deu de novo a razón á empresa.
O PP recorre e denuncia
De feito, o PP xa levou ao xulgado o expediente da Casa da Cultura. Un informe da obra que, segundo denuncian, arroxa indicios de presuntos de delitos no proceso de execución dos traballos, como prevaricación, fraude, negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e abuso no exercicio da súa función. Borbujo, en defensa do interese público, pretende así depurar responsabilidades.
I é que as cifras falan. A obra feita de máis supón un incremento do cerca do 90% do prezo inicial da construción, do cal tan só tramitar con acordo á lei administrativa aproximadamente o 20%.
Novas relacionadas
- O BNG vimiancés denuncia que o Concello é cómplice no caso da Casa da Cultura.
- O Concello de Vimianzo denuncia á Xunta por non abrir o Centro de Día no Xeriátrico.
- Polémica no PSOE vimiancés.
- O BNG de Vimianzo presenta o seu equipo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).