luns. 02.12.2024
El tiempo

A tensión no pleno vimiancés sobe coas duras críticas de IxVim

A tensión no pleno vimiancés sobe coas duras críticas de IxVim

Apenas acaba de empezar a lexislatura e a crispación no pleno vimiancés xa está a un forte nivel. Este pasado sábado houbo pleno e a tensión foi patente, sobre todo entre o renovado grupo de Independientes por Vimianzo e o alcalde. Foron varios puntos que saíron enriba da mesa, unhas xa manidas como a da secretaria do alcalde ou a renovación do mobiliario, e un par de novas denuncias, como a adxudicación dubidosa da xestión no ximnasio municipal ou a "non denuncia" do roubo de cableado no polígono.

Pola contra, dende a alcaldía propoñen novas formas de aforro no aluemado público, ademais de aproveitar para criticar a existencia de "500 farolas colocadas en privado que non cumpren ningunha función propia do alumeado público, senón que responden a un capricho persoal do ex alcalde".

Adxudicación do ximnasio

Denuncia IxVim que a adxudicación da xestión do ximnasio municipal está a ser un "escándalo". Segundo sinalan, o Concello invitou a 3 empresas: Viraxes SL, Lucía Vázquez Pérez e o Club Deportivo Vital Fitnes SL. "Pois resulta que Lucía Vázquez Pérez é a administradora de Viraxes SL, e CD Vital Fitnes SL xa non existe con tal denominación", denuncia Manuel Soto, voceiro dos independientes.

Roubo de cobra non denunciado

Non entende Soto que o alcalde non denunciar un novo roubo de cable de cobre no deserto polígono vimiancés. O alcalde afirmou que non o fixera público por non meter medo no empresariado da zona, pero dende a oposición non entende que tampouco o denunciara a Garda Civil.

O custe da Secretaria do Alcalde

Un dos temas no que quere facer fincapé IxVim é "o custe da contratación da secretaria do alcalde para os veciños de Vimianzo", que non o seu soldo, matiza Manuel Soto. Soto, que xa denunciara o "enchufismo" na contratación da número 5 da súa lista como secretaria, hoxe matiza as facturas presentadas polo alcalde vimiancés nas que sinala que a nómima da mesma é de 1351€.
Soto fai contas, e denuncia que o custe para os veciños é de 2.755€ mensuais, dividindo os 16.530€ de gasto total entre os 6 meses de contraton inicial. Pregúntase de igual xeito Soto, "onde van o resto dos cartos que saen do Concello para pagala?". E tamén: "Que facía a secretaria traballando a 1 de xullo se o contrato lle empezaba o día 4? Como sabía que ela ía ser a contratada?2.

Renovación da alcaldía

O alcalde presentaba facturas do novo mobiliario da alcaldía e doutras reformas no Concello, nas que aseguraba que o gasto foi de 15.990,€ e a través dunha subvención. O que non indicaba o alcalde e si denuncian dende a oposición, é que hai máis facturas das presentadas, como a dun pintor, un encofrador... "todos da casa, por certo, sendo esto o único ben feito".

Aforro e capricho no alumeado

Pola outra banda, o gabinete da alcaldía denuncian que o Concello teña que gastar en alumeado público uns "365.000,€, dos cales 164.000,€ son gastos de facturación e 200.000,€ son gastos de mantemento". Denuncian que o problema dase porque "hai 500 farolas que fan servizo privado e que foron instaladas polo ex alcalde por motivos electoralistas".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de IxVim da man de Mónica R.O.

Comentarios