Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Alcalde de Vimianzo amosa as facturas

O Alcalde de Vimianzo amosa as facturas

Ante as últimas críticas de IxVim pola xestión do novo grupo de goberno, o gabinete da alcaldía de concello de Vimianzo vén de enviar unha nota de prensa ao respecto da renovación da alcaldía e do soldo da secretaria do alcalde.
Achégannos as facturas do gasto en mobiliario tanto do despacho da alcaldía como dos 4 despachos da área de economía e facenda, que entraban dentro da subvención solicitada no 2010 para equipamento da casa do concello ademais da nómina de xullo de Marta Rei, Secretaria do Alcalde e foco das críticas do grupo opositor por ser a nº5 da súa lista.

Renovación do despacho da alcaldía

Segundo aseguran dende o Gabinete da Alcaldía de Vimianzo, o concello recibiu unha subvención no ano 2010 de 15.990,€ para equipamento de edificios municipais, que se tería que xustificar antes do 31 de xullo de 2011. Afirman que "esta alcaldía atopouse coa subvención sen xustificar procedendo a tomar as decisións que impediran perdermos estes cartos. Neste sentido procedemos a equipar as novas oficinas, a onde se trasladaron os catro traballadores da Área de asuntos económicos e de facenda, do 2º andar da casa do concello, investindo 8.030,24 €. Tamén renovamos a alcaldía, visto a situación de deterioro do mobiliario con máis de 30 anos, co obxectivo de dignificar o espazo de representación de Vimianzo. Renovouse a mesa e o sillón do alcalde, que estaban nunha situación lamentable, así coma o armario. Tamén substituímos uns sillóns inservibles e as mesiñas que estaban nese espazo. Adquiriuse unha mesa ovalada para reunións de ata 8 persoas, así coma as cadeiras correspondentes. O gasto investido na renovación da alcaldía foi de 7.377,75 €. Os cadros que penduran das paredes da alcaldía están cedidos gratuitamente en depósito pola familia de Antón Mouzo, cousa que agradecemos infinitamente. A suma total do investimento en mobles na casa do concello é de 15.408,€ con cargo á subvención de 15.990,€ concedida pola Deputación da Coruña e que non perdemos grazas á celeridade do actual goberno".

Contratación da Secretaria

Ao respecto da contratación da secretaria do alcalde "todo o mundo entende que ten que ser unha persoa da súa confianza", apuntan. O salario que esta persoa percibe polas súas funcións é de 1351€.

Visita de Costas de Rafael Eimil

Hoxe, mércores 21 ás 12:00h, o Concello recibirá a visita do Xefe de Demarcación de Costas, Rafael Eimil. A expedición partirá cara Cereixo e Sabadelle.

Visita a depuradora de Baíñas

Como xa fixera o concelleiro do PSOE Roque, onte tocoulle ao alcalde vimiancés sacarse a foto coas obras da depuradora de Baíñas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Gabinete da alcaldía de Vimianzo, da man de Marta Rei.

Comentarios