luns. 02.06.2025
El tiempo

A veciñanza de Carantoña reúnese co alcalde de Vimianzo

A veciñanza de Carantoña reúnese co alcalde de Vimianzo
A veciñanza de Carantoña ten mañá ás 20 horas - no local cultural da parroquia - unha cita co seu alcalde, Manuel Antelo, dentro das xuntanzas coa cidadanía coñecidas como "O alcalde escoita" postas en marcha a finais do pasado ano. Está previsto que estes encontros se desenvolvan en todas as parroquias do concello co fin de que a cidadanía lle traslade directamente ao rexedor as súas demandas e necesidades. Deste xeito o goberno de Vimianzo coñecerá de primeira man as necesidades das súas veciñas e veciños a través dunha canle aberta e directa coa cidadanía. Segundo o concello, as achegas que fagan as veciñas e veciños serán fundamentais para programar as futuras actuacións do goberno municipal en todo o relativo aos investimentos nas parroquias. Para Manuel Antelo éste é un xeito de democratizar a vida municipal e de facer partícipe á cidadanía da xestión dos investimentos municipais. Para o alcalde é fundamental escoitar a voz das veciñas e veciños para recoller as súas demandas e solucionar os problemas cotiáns aos que se enfrentan. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios