Vimianzo acollerá un Congreso Internacional sobre Emigración
08:17 26/09/17
Xa está aberto o prazo de inscricións no congreso internacional «Emigración e inmigración por razóns laborais no rural da Unión Europea» que organiza o concello de Vimianzo, en colaboración co equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais da Universidade da Coruña. O congreso enmárcase no proxecto «ERN4mob – European Rural Europe for Job Mobility», financiado polo programa Europa cos Cidadáns – Redes de Cidades 2015, e levarase a cabo do 4 ao 6 de outubro de 2017, no auditorio da casa da Cultura vimiancesa.
Esta actividade está dirixida ao público en xeral, e especialmente aos cidadáns involucrados nalgún proceso de mobilidade na Unión Europea (por motivos de traballo ou por xubilación, emigrantes na UE ou emigrantes retornados), familiares e amigos desas persoas e xente nova desempregada; tamén a todos os axentes sociais que traballan no ámbito da migración, a inclusión social e o emprego.
As persoas interesadas en participar nas actividades do congreso poden inscribirse gratuitamente cubrindo o formulario online ou ben contactando coa organización a través do teléfono 981 716 001 (ext. 1220) ou no enderezo electrónico congreso@vimianzo.gal.
Exposición
Como actividade complementaria ao congreso, organízase una exposición titulada “As Pegadas das Migracións” que se exibirá na sala Antón Mouzo da Casa de Cultura de Vimianzo e que se inaugurará a o día 4.
Outro apartado interesante é o dedicado ás comunicacións, no que foron presentados 9 traballos de investigación moi diversos e interesantes.
Novas relacionadas
- Vimianzo acolle un congreso internacional sobre os procesos migratorios
- Xullo 2017: Vimianzo, presente na nova xuntanza do programa ERN4mob en Eslovaquia
- Marzo 2017: Vimianzo exporta e importa experiencias laborais europeas en Sicilia.
- Decembro 16: Vimianzo leva ata Irlanda do Norte o seu proxecto de mobilidade laboral.
- 22-09-16: Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal
- 18-05-16: Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia
- 18-03-16: As administracións potenciarán o emprego no rural coa formación e a inclusión social.
- A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo
- Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral
- A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo
- Camariñas importa e exporta dende Italia sabedoría na produción local.
- O concello de Vimianzo abre o prazo para inscribirse proxecto Youth acting in Rural Europe.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo