Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Adiante Vimianzo asegura ter deixado un saldo de máis de 3 millóns de euros no Concello

Manuel Antelo e Marta Rey na presentacion de Adiante Vimianzo
Manuel Antelo e Marta Rey durante un acto de Adiante Vimianzo
Adiante Vimianzo asegura ter deixado un saldo de máis de 3 millóns de euros no Concello

O grupo de Adiante Vimianzo, tras dúas lexislatruas no goberno, quixo deixar paso ao grupo socialista, gañador nas últimas eleccións, coas contas claras. Por iso recorda que un informe elaborado pola Interventora e polo Tesoureiro do Concello de Vimianzo, con data do 14 de xuño, certifica que o goberno dirixido por Manuel Antelo deixou un saldo de bancario de 3.354.309,73€.

”Ademais dunhas contas totalmente saneadas con máis de 3 millóns de euros, o goberno de Manuel Antelo deixou case dous millóns de euros en obras”, aseguran dende o agora grupo da oposición. “Deixamos unha serie de obras executándose, outras pendentes de firmar os contratos e outras listas para iniciarse”.

Así mesmo, Adiante Vimianzo quere sacar peito sinalando que a 13 de xuño todas as facturas estaban pagadas, valorando ademais o traballo da oficina de tesourería municipal.

Aproveita Antelo para facer comparación co momento no que colleron o mando do concello, aló por 2011. “Non foi a mesma situación coa que nós nos atopamos cando chegamos ao Concello de Vimianzo. Nós herdamos un goberno con graves problemas económicos, sen liquidez e sen orzamento e coa obriga de retrasar o pago ate seis meses nalgúns casos”, indica Manuel Antelo.

Comentarios