Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Admitida a trámite a denuncia do PP sobre a Casa da Cultura de Vimianzo

Admitida a trámite a denuncia do PP sobre a Casa da Cultura de Vimianzo

A comezos de mes, a voceira do PP de Vimianzo presentaba unha denuncia no Xulgado de Instrución de Corcubión, por "presuntas irregularidades noproceso de execución das obras". Denuncia que acaba de ser admitida a trámite, e segundo informan dende o PP "a investigación rexerase por presuntos delitos de prevaricación, fraude e negociación indebida entre outros".

O PP de Vimianzo decidiu levar o caso ao xulgado logo de "apreciar indicios de supostos delitos de prevaricación administrativa e fraude, entre outros". Hai que precisar que os traballos da Casa da Cultura, adxudicados á empresa do irmán do alcalde, contan cun sobrecuste de máis de 800.000€.

Lembran dende o PP que "antes de abonar ese importe a Manuel Rodríguez Lema, o PP propuxo, desde o inicio, unha comisión de investigación e unha auditoría, para determinar a veracidade da existencia da obra realizada fose do contrato". E continúa asegurando que "o estudo concluíu que se existían, pero os demais grupos políticos non quixeron identificar aos responsables".

Actualmente o Concello recorreu a sentenza que obriga a Vimianzo a pagar preto dun millón de euros á empresa Rodríguez Lema S.L.. Isto significa que o municipio deberá abonar esta cantidade á empresa construtora.

Seguintes pasos na investigación

Segundo o representante dos servizos xurídicos do PP, o letrado Sebastián Lorenzo Vello, o seguinte paso no proceso de investigación será "a solicitude, por parte do xulgado, do expediente da Casa da Cultura". Con isto preténdese "corroborar os indicios dos supostos delitos antes nomeados". Despois da análise do expediente correspondería chamar a declarar ás persoas directamente vinculadas no proceso de execución da obra.

Responsabilidade poítica

Ten palabras para uns e outros a voceira do PP. "Aínda non acabo de entender por que o BNG, tamén na oposición, só se limita a falar e non a actuar", apuntou. Por outra banda recoñece que "é natural que ao goberno actual, liderado por Alejandro Rodríguez, e tendo como alcalde en funcións neste tema, a Antonio Miñones, non queiran investigar o asunto, pois os seus intereses van da man das intencións económicas do irmán do alcalde, á vez que posiblemente se poderían ver en situacións embarazosas se a investigación sobre a Casa da Cultura levase a cabo".

Segundo Borbujo "un 90 % dos traballos e polo tanto do custo, non están legalizados. Por que se fixeron esas obras e quen as permitiron?" , pregúntase a líder popular.

Pactos electorais

E vai máis alá Borbujo asegurando que "esta situación pode levar a posibles alianzas preelectorais" e insiste en que "xa é sabido por todos, que o PSOE pactará co BNG e que tampouco queda fóra de negociación o novo partido de IX Vimianzo". "Un escenario propicio para facer da Casa dá Cultura un obxecto de troco", sentencia.

Remata cun claro "o PP de Vimianzo oponse tajantemente a pagar os máis de 800.000€ ao irmán do alcalde sen antes coñecer os nomes dos responsables desta situación". E tamén afirma que "o PP non pactará nin antes nin despois do 22 de maio con ningún outro grupo".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Vimianzo.

Comentarios