AFIPRODEL une en Vimianzo Patrimonio e Desenvolvemento Local


Esta fin de semana de 30 de novembro e 1 de decembro, a Escola de Señoráns, en Vimianzo, acollerá as Xornadas sobre Patrimonio Cultural e Desenvolvemento Local. A AFIPRODEL Asociación de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia, sempre tan vinculados á nosa Costa, achegan ata a capital soneirá estas xornadas que pretenden convertir o patrimonio cultural material e inmaterial en motor do desenvolvemento local.
A intención é facer visibles iniciativas e boas prácticas da posta en valor do noso patrimonio, que serven para o desenvolvemento local de xeito que sirvan para conservalas.
O programa, que ademais chega no marco do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, comezará ás 17.00h da man da presidenta Dolores Pena, e do alcalde vimiancés, que exporá a decidida aposta polo patrimonio. O alcalde de Mazaricos, como presidente da CMAT, falará en clave turística, como o fará César Abella Vázquez. Director de Trivium, empresa que vive do patriminio.
Xa o sábado, haberá un café networking, un panel expostivo con Guillermo González Díez; Xerente do GALP Costa da Morte; Viki Rivadulla, artesá e artista muxiá; Marcos Vázquez Marey, ADL de Láncara; Carlos Regueira, autor de Atlas de Hórreos de Galicia; Xan Fernández Carrera, mestre, investigador e escritor; e José Antonio Vila García, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte.