Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Avelino González repasou, coa axuda da veciñanza de Bamiro, o conto de Monte Torán

Avelino Gonzalez na Costa da Vida
Avelino González repasou, coa axuda da veciñanza de Bamiro, o conto de Monte Torán

Xa saben que as sesións vermús dominicais, danse mellor polas parroquias de Vimianzo, gracias ao fermoso proxecto de dispersión cultural “Costa da Vida”. Xa estivemos por Cereixo ou Serramo e esta fin de semana tocaba visitar Bamiro.

O protagonista, ademais das rosquiñas ou a empanada posteriores, foi o gran contador de historias Avelino González. Un deses contadores que fai unha labor previa de documentación, e que contacto con xente da zona para interesarse polos temas e as historias máis locais ás que poder incarlle o dente da retranca.

”Foi unha gozada o de hoxe en Bamiro, grazas a Míchel Antelo e outra xente, puiden falar como se coñecera”, cóntanos o artista. Quedou a veciñanza abraiada cando Avelino lanzou "o conto do nacemento do Monte Torán pola obra da Vella, da Moura, un deses contos fundacionais de calquera tradición e relixión, pero que aquí está conservado cos detalles estruturais”. Foi a propia veciñanza a que lle axudou a pincelar a historia.

Non marcha lonxe o contacontos, pois o vindeiro domingo toca volver pola parroquia de Calo, visitanto Pasarela acompañado pola Pasarela Big Band. A cita será ás 18:00h.

Avelino Gonzalez na Costa da Vida en Bamiro

Sesion vermu con petiscos rosquillas en Vimianzo
As sesións rematan cuns petiscos

Novas relacionadas

Comentarios