Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Antelo: “Non haberá moción de censura”

Antelo: “Non haberá moción de censura”
Antelo-anunciando-en-rolda-de-prensa-que-non-hai-mocion

O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, ofreceu esta tarde de martes 5 de marzo de 2013 unha rolda de prensa na que asegurou que "a moción da corrupción fracasou". Nun salón de plenos ateigado, e nun ton máis de mitin que de rolda de prensa, e emocionado ante a audiencia, o alcalde deu conta dos informes xurídicos que avalan este fracaso.

Antelo explicaba a súa postura dende o Concello, mentres os impulsores da moción ofrecían, case que paralelamente, unha rolda de prensa no Hostal dos Reis Católicos de Compostela. As posturas, como non podía ser doutro xeito, son encontradas.

Antelo: "Fracasou a moción da corrupción"

Antelo-con-informes-xuridicos-que-avalan-que-non-habera-mocion

O rexedor explicou os dous motivos fundamentais para que a moción non se poida levar a cabo no suposto pleno do vindeiro 14 de marzo. "E non é porque o diga eu, senón porque o din os xurídicos".

  • "Primeiro, os impulsores cometeron un erro garrafal na presentación da moción. Primeiro tiñan que presentarlla ao Secretario accidental para que a asinase, e despois presentala no Rexistro. E fixeron do revés".
  • "Segundo, temos informes xurídicos que indican que ao serlle abertos os expedientes de expulsión dos seus partidos, son xa considerados tránsfugas, e aí tivemos sorte, pois cambiou a lei hai pouco e xa está en vixencia a nova Lei Antitransfuguismo, e contamos ademais co aval dunha sentenza do Tribunal Superior de Justicia de Asturias, concretamente no caso de Pola de Siero, que impediu levar a cabo unha moción nestes mesmos termos".

Antelo foi máis aló e dixo que os impulsores intentaron "coaccionar aos funcionarios", aos que agradeceu o seu "compromiso coa verdade". E mesmo indicou que durante a mesma mañá do martes, e sendo conscientes do erro na presentación da moción, "presionarion ao Secretario accidental para que lles asinase unha segunda moción".

Antelo explicou que ás 15:00h chegou confirmación dende Ferraz do expediente de expulsión do partido dos edís do PSOE José Manuel Rodríguez Blanco, Roque e Monsterrat Vázquez, e que "os do PP están a chegar". "Polo xa son uns tránsfugas". Tivo tempo para lanzar un recado a Roque, que esta semana aseguraba que levaba 20 anos de militancia no PSOE. "Non leva máis de 5", acusouno Antelo.

Aproveitou para agradecer a rapidez dos PP e PSOE para coa expulsión, así como "actitude valiente de Miñones e Pérez Trillo que se souberon manter na honradez, e aseguro que queremos contar con eles para seguir gobernando". E como non, apgradeu o apoio da veciñanza: "Non demos feito a atender chamadas, e con tanta mensaxe polo Facebook", apuntou.

Ademais animou a participar no acto público que artellou para este sábado 9, ás 21:00h na Casa da Cultura vimiancesa. "Non á moción da corrupción" é o lema do acto que intentará explicar de novo e para toda a vila a situación legal.

Numeroso-publico-arroupou-a-Antelo

Rolda dos impulsores en Compostela

Sorprendeu a convocatoria (QPC non recibiu invitación) do grupo de impulsores da moción para unha rolda de prensa en Compostela. Aló estaban José Manuel Rodríguez Blanco, Roque (PSOE) xunto a Mónica Rodríguez (IxVim) e Manuel Soto, Padronés (IxVim), que aseguraron que irán pola vía Xudicial.

Deron conta da súa visión dos feitos e denunciaron que o secretario non estaba o sábado no seu posto de traballo, polo que están a valorar acodir á Xustiza. Según Soto o Secretario "desapareceu". Roque apuntou ademais que segue sendo afiliado do partido, como lle confirmaron na sede do partido en Galicia, a pesar das verbas da voceira costeira Marisol Soneira.

Soto destacou que "a maioría silenciosa", argumento esgrimido xa polo Presidente do Goberno nalgunha ocasión, "apoia a moción", e denunciou de novo as "prácticas rastreras, con amenazas e ataques a funcionarios do goberno de Antelo".

Así, polo de pronto, parece que o pleno convocado para o 14 de marzo queda anulado. Seguiremos pendentes de calquera movemento arredor deste polémico asunto, que devolve Vimianzo ás portadas de todos os medios en Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios