Sábado. 04.05.2024
El tiempo

A aposta pola programación continua afianza a Vimianzo como un dos referentes en dinamización cultural

Soraya Lema coa sua obra en VImianzo
Soraya Lema estreou a súa obra en VImianzo
A aposta pola programación continua afianza a Vimianzo como un dos referentes en dinamización cultural

Levamos anos dicíndoo. Para darlle vida eses enormes auditorios que temos nos nosos concellos é necesario apostar pola programación continua. Son poucos os Concellos que manteñen o pulso durante case todo o ano, e sen dúbida, un é o de Vimianzo. Leva anos a técnica de Cultura, Nieves Lema, co apoio dos grupos de goberno que estiveron á fronte do Concello durante estes últimos 3 lustros, ofrecendo varios programas que permiten á veciñanza saber que durante todo o outono e inverno hai obras o sábado pola noite para adultos e as tardes dos domingos para nen@s, ou que durante a primavera tamén hai cita obrigatoria na Casa da Cultura cada fin de semana.

VIMIANZO_Balance programación cultural de inverno 4

O Concello fai balance do remate dos completos ‘Programación cultural de inverno’ e a da ‘Primavera en familia’ que posibilitaron que o Auditorio Municipal acollese espectáculos de diferentes artes escénicas durante os últimos meses. Coa colaboración Rede Galega de Teatros e Auditorios do AGADIC e da Rede Cultural da Deputación da Coruña, a veciñanza puido desfrutar de teatro, música, danza, maxia ou monicreques.

A veciñanza puido gozar de compañías de renome como a de Fran Sieira e tamén de talento local a través da residencia artística de ‘O sol de outono’, un proxecto teatral da vimiancesa Soraya Lema.

”A sinerxia entre as diferentes obras e figuras que se achegaron ata o municipio soneirán contribuíron a que a cultura non ficase relegada a unha data en concreto senón que avanzase ao longo do tempo”, explica Lema. “Isto demostra que outro tipo de oferta cultural é posible e necesaria, que a cultura move masas e que a Costa da Morte, e concretamente Vimianzo, son un lugar privilexiado para gozar da mesma”.

Comentarios