Luns. 06.05.2024
El tiempo

Soraya Lema estrea na casa obra e compañía teatral

VIMIANZO_Presentación cartel 'Historia dunha nena namorada do mar'
A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, a alcaldesa, Mónica Rodríguez; Soraya Lema, Javier Sampedro, Xaquín Lema e a técnica de Cultura, Nieves Lema.
Soraya Lema estrea na casa obra e compañía teatral

Na mañá deste xoves o Auditorio Municipal da Casa da Cultura de Vimianzo acolleu a presentación do cartel da obra 'Historia dunha nena namorada do mar', a primeira produción da compañía de teatro local 'O sol do outono', creada por Soraya Lema Carballo. A obra infantil poderase gozar este domingo 30, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo no marco do programa Vimianzo Rebuldeiro.

Xa temos visto á vimiancesa levar á súa pequena nena-títere pola montaña, pero desta volta a nena vai ao mar.

Soraya estrea compañía e obra, e “estrear na casa sempre é especial”. “Levaba anos mesturando diferentes facetas da miña vida e este ano decidín poñer nome e crear unha compañía, tirando con xente da zona, da Costa, e me parecía necesario ter un nome que nos incluíse a todos”, explícanos. “O nome, O sol de outono, xa está pensado dende hai moitos anos, pero nunca me atrevín a facelo”.

A obra naceu en Zaragoza, onde Soraya viviu durante un ano, e se decatou que botaba de menos o mar. Certo despois de crear "Aldara na montaña" tiña a idea de levala a diferentes contextos, e que pode que esta nena mariñeira acaba convertíndose en Aldara tamén. Pero por agora a quen máis se parece é a Jackie Lista, mariñeira de Camariñas coa que Soraya mantivo varias conservas para debullala.
O proxecto foi collendo forma na residencia artística que realizou no Pazo de Mariñán da man da Deputación.

”Hai que facer comunidade teatreira”

Neste caso, en 'Historia dunha nena namorada do mar', Lema está acompañada polos vimianceses Javier Sampedro e Xaquín Lema, responsables da música e son, respectivamente.

Pero, consciente de que “nesta zona hai moita arte e temos que xuntarnos, hai que facer comunidade teatreira”, o cartel éstá feito por Viki Rivadulla e na obra tamén hai algún monicreque do corcubionés Borja Insua, de Títeres Alacrán.

VIMIANZO_Cartel_Historia dunha nena namorada do mar
Cartel feito por Viki Rivadulla

A obra

”A obra conta a historia dunha nena que quere ser mariñeira, como seu pai. Unha nena que está pegada ao mará que lle gusta todo o vencellado co mar… Pero lle din que non pode ser mariñeira, que iso é para homes, e que lle contan lendas como a de que unha muller a bordo dá mala sorte… Pero ela vai pelexando o seu camiño e vai conseguindo o seu desexo”, cóntanos.

A obra viaxa a cabalo entre “a realidade, a poesía e o soño”, e “bebe moito do tradicional, da xerga mariñeira”, Vaise contando a través dunha narradora, “esa Penépolo que está tecendo historias no peirao” facendo unha dualidade entre esa nena que cre que só se vive soñando, e a vella que pon os pés na terra.

Cita coa danza

A fin de semana cultural vimiancesa arrica o sábado co espectáculo Fran Sieira aborda en Vimianzo o estigma da saúde menta co seu espectáculo de danza DeMente

Novas relacionadas

Comentarios