Luns. 09.09.2024
El tiempo

Arrincan as Xornadas de Primavera do Vimianzo Gastronómico

Arrincan as Xornadas de Primavera do Vimianzo Gastronómico
Vimianzo Gastronomico presentacion 2017 Parada técnica obrigatoria a partir deste venres 24 de marzo, e ata o 28 de maio, cando pasemos por Vimianzo. 4 restaurantes da capital soneirá ofrecen os seus menús do Vimianzo Gastronómico primaveral, no que xa é unha referencia no eido da cociña galega. Casa Sabina, Restaurante O Castillo, Restaurante Vázquez e Restaurante Pastoriza ofrecen menús de gran calidade a 20 euros por menú, con adega á parte. Ademais, Vimianzo Gastronómico ofrece a posibilidade de repetir a experiencia ou regalala convidando a uns amigos, xa que se sortean catro menús para dúas persoas, un por cada restaurante.

Máis que ver

Aproveitando a chegada do bo tempo o Concello propón completar a experiencia gastronómica coa oferta cultural do Auditorio ou a visita aos diferentes lugares de interese patrimonial, como os Batáns e Muíños do Mosquetín, o Castelo, a ruta do Val de Vimianzo ou a ruta dos Dolmens.

Fonte

Comentarios