Luns. 20.05.2019
El tiempo

ENTROIDO

Artesanía entroideira en Vimianzo

A Trubisquiña venceu o Entroido de Vimianzo coa súa música
A Trubisquiña venceu o Entroido de Vimianzo coa súa música
Artesanía entroideira en Vimianzo

Fáltalle algo de copla ao Entroido de Vimianzo. Pero o que non lle falta é imaxinación e traballo. Espectaculares foron os disfraces que se viron o pasado sábado por Vimianzo. Que demostración de detalle, de artesanía feita arte entroideira.

Aguantou a tarde sabatina a que rematase o Entroido de Vimianzo, respectando o desfile e o concurso. A praza do Concello enchíase de festa e risas, para da man do divertido contacontos Caxoto celebrar un entroido singular. O pasarrúas xa daba conta da potencia das grandes comparsas, e pronto comezaron a desfilar pola praza os pequenos disfraces. Tan traballados como o de Adrián, metido nunha cabina telefónica das londinenses, que mereceu, sen dúbida, o primeiro premio infantil. Unha traballadísima Chef levou o premio de adultos.

Caxoto e o xurado no Entroido de Vimianzo

Caxoto foi o condutor e Ubaldo Cerqueiro de QPC, e Esther Pallas de La VozOs esquimales levaron un dos premios de grupo no Entroido de VimianzoOs Esquimales levaron un premio Flamingos no Entroido de Vimianzo

Na categoría de Grupos houbo moita igualdalde entre os que traballaron arreo para confeccionar os disfraces, e os que prepararon unha coreografía. Finalmente, o Mundo Xaponés, que combinaron ambas facetas, levaron o primeiro premio, ademais do Billar da Ponte, os Esquimales, ou as bravas mulleres do Xeriátrico que cantaron coma rapazas.

Billar do Entroido de VimianzoA Trubisquina no Entroido de Vimianzo

Esperada era a actuación das comparsas, con espectáculos de baile moi traballadores. Como o da Trubisquiña, que volvía deixar o primeiro premio na casa co seu impresionante despregamento musical.

En terceiro lugar quedou o imaxinativo desfile dos “Refugallos Fashion Week”, que deixou uns modelos tan impresionantes feitos con vasos de plástico, globos, latas…. que seguro que os deseñadores da Mostra do Encaixe tomaron boa nota.

Tamén quedou patente a influencia da televisión, con esa comparsa na que as mozas de Vimianzo se disfrazaron e representaron a serie La Casa de Papel. Mereceron un accesit.

E pechou o Entroido, na hora xusta para que lucise o Faro Vilán, os Cansorriños da Caramiña. Dende Camariñas chegou este mar de elementos, entre piratas, medusas e simpáticos peixiños, que mereceron o segundo premio.

Casa de Papel no Entroido de VImianzoA Casa de Papel

Refugallo Fashion Week no Entroido de VimianzoRefugallos Fashion Week

O mar da Caramina co Faro Vilan no Entroido de VImianzo 20189Os Cansorriños da Caramiña fixeron brillar o Faro Vilán

Entroido en Baíñas

Agora Vimianzo queda convocado para o Entroido de Baíñas, que se celebrará o vindeiro sábado 9 a partir das 20:00h.

Máis info

Novas relacionadas

Comentarios