domingo. 18.05.2025
El tiempo

As escolas municipais de Vimianzo clausuran o curso 2016/2017

As escolas municipais de Vimianzo clausuran o curso 2016/2017
Tras un curso de intenso traballo, as distintas Escolas Municipais de Vimianzo xa teñen data para as súas clausuras. Así, o domingo 21 de maio será alumnado de guitarra os que demostren o aprendido. A clusura será ás 18:30 horas no auditorio da casa da Cultura de Vimianzo. O sábado seguinte, o día 27, será o turno da escola municipal de Teatro. Os Sapapusios de Pasarela interpertarán a obra "O secuestro" ás 21 horas tamén na casa da cultura. O domingo 28 de maio, farano os alumnos de teatro infantil co espectáculo "Pequenas historias" que comeza ás 18:30 horas. As clausuras continúan o venres 2 de xuño da man da escola municipal de arte e panillo que inauguran unha mostra na sala de exposicións Antón Mouzo ás 21 horas. Ao día seguinte, 3 de xuño, será o turno dos alumnos e alumnas de piano que ofrecen un concerto ás 21 horas. O domingo, día 4, serán as escolas deportivas municipais as que fagan unha exhibición de aeróbic, patinaxe artística, taekwondo e tiro con arco. A cita é ás 16:30horas no pavillón municipal. O sábado 10 de de xuño a escola de danza ofrecerá unha sesión de baile galego e baile de salón no auditorio da casa da Cultura a partir das 21 horas. O domingo, día 11, será o turno da música tradicional (gaita, pandeireta e percusión) a partir das 18:30 horas. E xa o sábado 17 de xuño, o grupo de teatro de Berdoias e Teté Teatro de Salto ofrecerán sendas actuacións. A festa fin de curso terá lugar o domingo 4 de xuño a partir das 18 horas na que haberá inchables, xogos e música. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios