O Asalto 2024 arrinca coa primeira reunión

21:58 28/01/24
A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo convoca a primeira reunión para preparar a 27ª edición da festa, que se celebrará o venres 5 e sábado 6 de xullo de 2024.
A reunión será o sábado 3 de febreiro ás 12h, na Casa da Cultura de Vimianzo. Nela falarase das diferentes áreas nas que se pode participar, ideas, propostas, elementos a consolidar ou renovar... Nesta primeira reunión sentaranse as bases para a celebración da festa irmandiña en 2024.