Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario

Asalto Castelo volve 2022
Os irmandiños volverán sacar o ariete
O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario

Tras dos anos de parálise pola pandemia, o Asalto ao Castelo de Vimianzo poderá celebrar o seu 25 aniversario este verán. O Festival irmandiño recuperá a música e a representación teatral que a fai tan diferencia, e que ten que obrigar á Xunta a calificala como Festa de Interese Turístico Galego.

A máis importante é a recuperación do asociacionismo, e dese grupo de voluntari@s que crean esa obra de teatro tan especial. Este pasado sábado facían a primeira xuntanza veciñal aberta, e máis de 30 persoas xa amosaron o seu compromiso coa organización. Aseguraron que volverán artellar a mítica Cea Medieval, que volverán promover a ornamentación e ambientación de rúas; que volverán correr a Legua irmandiña ademais do programa musical. E sobre todo, como dicimos, esa representación dirixida de novo por Guillermo Méndez, o vimiancés que foi un dos grandes creativos das historias do Asalto irmandiño. O casting e os ensaios comezarán en maio.

reunion asociacions asalto 22022
Reunión celebrada esta pasada fin de semana

A música

ses_2022

A organización recupera tamén un par de actuacións que estaban previstas na edición de 2020: Sés e Talco volverán ao campo da festa da Torre. A galega presentará seu último traballo discográfico Liberar as arterias. Un disco que percorre América de norte a sur, dende a súa perpectiva de cantareira.

Pola súa parte, a banda italiana traerá o seu contundente grupo ska e punk.

Novas relacionadas

Comentarios